jueves, 17 de diciembre de 2009

ANIMACIÓN Á LACTURA. EL CUARTO OSCURO DE DAMOCLES

El cuarto oscuro de Damocles
Hermans, Willem Frederik

NARRATIVA (F). Novela. 392 pág.
Tradución: Cathy Ginard Feron
Novembro 2009
Andanzas CA 707
ISBN: 978-84-8383-193-9
Durante a ocupación nazi de Holanda, o estanqueiro Henri Osewoudt vive á marxe dos acontecementos ata que recibe a visita do misterioso Dorbeck, un membro activo da resistencia. Álter ego do protagonista, a quen se parece «como se parece o negativo dunha foto ao positivo», Dorbeck pide a Osewoudt que revele uns carretes con, ao parecer, información crave sobre os intereses nazis: será a primeira das moitas misións clandestinas nas que se verá envolto o protagonista. Con todo, cando os Aliados liberen o país, a implicación de Osewoudt como heroe da resistencia cuestionarase ao ser arrestado e acusado de colaborar cos alemáns.

Fascinante thriller de guerra, "O cuarto escuro de Damocles" é unha historia de traizón, mentiras e ambigüidade moral que leva ao lector a dubidar da realidade, como lles sucede aos personaxes. Máis aló da envolvente intriga, non exenta do existencialismo que impregna as súas obras, Hermans constrúe un complexo mundo de equívocos para abordar a fraxilidade da percepción humana.

Milan Kundera comentou o seguinte sobre esta obra: "sei que vostedes nunca oiron falar desta novela. Por outro lado, a mín ocurreríame o mesmo se un amigo holandés non me recomendara esta grande novela. Como é posible que eu non soubera nada?...Mergúllome nesta obra, primeiro intimidado pola súa extensión, e axiña sorprendido de tela leído dun tirón.»


Willem Frederik Hermans (Amsterdam, 1921-Utrecht, 1995) está considerado un dos grandes escritores holandeses da segunda metade do siglo xx. Impartíu clases de xeografía na Universidade de Groninga e colaborou en publicaciones como Criterium, Libertinaxe e Podium...

lunes, 14 de diciembre de 2009

LEER.ES // ANIMACIÓN Á LECTURA

O Ministerio de Educación presentou recentemente LEER.ES, un centro virtual para a lectura e as persoas lectoras, creado en colaboración coas Comunidades Autónomas, a Real Academia de la Lengua Española e o Instituto Cervantes.. Dende aquí, todas as persoas poden atopar estímulos diferentes para ler todo tipo de textos (icónicos, textuais, multimedia...) e para a produción e difusión das súas propias creacións.