miércoles, 28 de abril de 2010

ESTIMULADOR DA LECTURA: A MALETA DE BANDA DESEÑADA




QUINCENA DA MALETA DE BANDE DESEÑADA NO NOSO INSTITUTO.


ACUDE A BIBLIOTECA A DESCUBRIR ESTA MALETA. TES DE PRAZO ATA O VENRES DÍA 7 DE MAIO.


MALETA DE BANDA DESEÑADA: unha selección de cómic e novela gráfica, para coñecer autores e títulos de banda deseñada que están a ser referencia entre os lectores do xénero. Destinada ao profesorado de ensino secundario.






E velaquí o decisivo dos cómics, o ser un medio narrativo, o servir para contar historias. O que o distingue dos outros medios cos que está emparentado é o contalas dun xeito peculiar e propio, empregando unha linguaxe e uns códigos específicos, e que se basea nunha síntese de linguaxes verbal e icónica.
Agustín Fernández Paz. Para lermos cómics.

martes, 27 de abril de 2010

VÍDEOS SOBRE UXÍO NOVONEYRA


Se queres escoitar a voz de UXÍO NOVONEYRA desde aquí accedes aos vídeos ubicados en youtube.

17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A UXÍO NOVONEYRA (pincha aquí para ir á páxina de Novoneyra)


UXÍO NOVONEYRA
O poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, na serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada.    Falece o 30 de outubro de 1999.







“ Canta o cuco cala e canta
Dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
E volta o cuco a cantar”.
(Os Eidos)

Fentos secos do Inverno!
Fainteiras do Val Arcón e Fontela!
Manchas de tempo
esperdigadas eiquí i aló pola serra!
Os Eidos (1955)

Xestas froridas da Sítima!
Virtas de xesta piornal!
Terra probe sequiza
de penedo i erba-chá!
Os Eidos (1955)

CARQUEIXAS uces e penas!
Camiños da serra aberta
pra lonxes terras de serras!
Os Eidos 2 (1974)

BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
Rebolos tocos faias derrubadas!
Os Eidos 2 (1974)



CALIGRAMA

Tan perto o canto che eu miro!
Coma se chegara a nembrar pro que eu nacera.
Xuventú!
Inda ainda, Xuventú











(Fonte: RAG e páxina de Uxío Novoneyra,Xunta.)


Máis información no seguinte enlace: http://www.uxionovoneyra.com/biografia.html

viernes, 23 de abril de 2010

HOMENAXE ROSALÍA DE CASTRO NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO




Unha pequena homenaxa a ROSALÍA DE CASTRO no día do libro. Neste ano 2010 cúmprese 125 do seu falecemento.

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DE ROSALÍA.
http://www.rosaliadecastro.org/





Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta  si ríe,
conmove si chora.

Cal ela ningunha
tan dose que cante
soidades amargas,
sospiros amantes,

misterios da tarde,
murmuxos da noite:
cantarte hei, Galicia,
na beira das fontes.

Que así mo pediron,
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lengua que eu falo.

Que así mo mandaron,
que así mo dixeron...
Xa canto, meniñas.
Coidá, que comenzo.

Con dulce alegría,
con brando compás,
ó pe das ondiñas
que veñen e van.

Dios santo premita
que aquestes cantares
de alivio vos sirvan
nos vosos pesares;

de amabre consolo,
de soave contento
cal fartan de dichas
compridos deseios.

De noite, de día,
na aurora, na sera,
oiresme cantando
por montes e veigas.

Quen queira me chame,
quen queira me obriga;
cantar, cantareille
de noite e de día.

Por darlle contento,
por darlle consolo,
trocando en sonrisas
queixiñas e choros.

Buscaime, rapazas,
velliñas, mociños.
Buscaime antre os robres.
Buscaime antre os millos,

nas portas dos ricos,
nas portas dos probes,
que aquestes cantares
a todos responden.

A todos, que á Virxen
axuda pedín,
porque vos console
no voso sufrir;

nos vosos tormentos,
nos vosos pesares.
Coidá, que comenso...
Meniñas, ¡Dios diante!


--------------------


NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

jueves, 8 de abril de 2010

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E PREMIO CERVANTES 2010





O 23 DE ABRIL O LIBRO ESTÁ DE FESTA!








Por que se elixiu o 23 de abril o día internacional do libro? A explicación é a seguinte:
o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e "o Inca" Garcilaso de la Vega, tres autores que traspasaron fronteiras e que hoxe son referencia universal. Polo mesmo, a UNESCO estableceu esta data como "O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DREITO DE AUTOR".

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

Un 23 de abril (de 1564) naceu William Shakespeare. Tamén un 23 de abril (de 1616) faleceu este soado dramaturgo inglés. Na mesma data e exactamente o mesmo ano (1616), morreron o español Miguel de Cervantes Saavedra e o cronista Garcilaso de la Vega... E os tres, traspasaron as barreiras do idioma.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=5125&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
   
PREMIO CERVANTES 2010

En Madrid aprovéitase esta data para entregar o Premio Cervantes, que é recoñecemento literario aos autores hispanos. O premio entrégao o Rei de España. O gañador no ano 2010 do premio Cervantes é o poeta mexicano JOSÉ EMILIO PACHECO, cumpríndose deste xeito a alternacia anunciada entre un autor español e outro americano á hora de outorgar o máis importante dos galardóns en lingua castelá, o Premio Cervantes. Emilio Pacheco, Poeta e ensaista mexicano, naceu en Ciudad de México en 1939...

Para saber máis sobre este escritor pincha no seguinte enlace: http://amediavoz.com/pacheco.htm


LIBROS PROHIBIDOS

Ao longo da historia os libros sufriron moito (decapitados, queimados, condenados a cadea perpetua, etc)pero afortunadamente nunca se deron por vencidos e, paseniño, paseniño van conquistando o corazón da humanidade.

XEITOS DE ANIMAR Á LECTURA. AS TECNOLOXÍAS ULTRAMODERNAS DE leerestademoda.com (pincha aquí)

As tecnoloxías máis antigas resultan ser as máis modernas. Coñeces o BOOK? Unha ferramenta increiblemente marabillosa.