jueves, 8 de abril de 2010

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E PREMIO CERVANTES 2010





O 23 DE ABRIL O LIBRO ESTÁ DE FESTA!








Por que se elixiu o 23 de abril o día internacional do libro? A explicación é a seguinte:
o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e "o Inca" Garcilaso de la Vega, tres autores que traspasaron fronteiras e que hoxe son referencia universal. Polo mesmo, a UNESCO estableceu esta data como "O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DREITO DE AUTOR".

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

Un 23 de abril (de 1564) naceu William Shakespeare. Tamén un 23 de abril (de 1616) faleceu este soado dramaturgo inglés. Na mesma data e exactamente o mesmo ano (1616), morreron o español Miguel de Cervantes Saavedra e o cronista Garcilaso de la Vega... E os tres, traspasaron as barreiras do idioma.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://portal.unesco.org/culture/es/ev.php-URL_ID=5125&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
   
PREMIO CERVANTES 2010

En Madrid aprovéitase esta data para entregar o Premio Cervantes, que é recoñecemento literario aos autores hispanos. O premio entrégao o Rei de España. O gañador no ano 2010 do premio Cervantes é o poeta mexicano JOSÉ EMILIO PACHECO, cumpríndose deste xeito a alternacia anunciada entre un autor español e outro americano á hora de outorgar o máis importante dos galardóns en lingua castelá, o Premio Cervantes. Emilio Pacheco, Poeta e ensaista mexicano, naceu en Ciudad de México en 1939...

Para saber máis sobre este escritor pincha no seguinte enlace: http://amediavoz.com/pacheco.htm


LIBROS PROHIBIDOS

Ao longo da historia os libros sufriron moito (decapitados, queimados, condenados a cadea perpetua, etc)pero afortunadamente nunca se deron por vencidos e, paseniño, paseniño van conquistando o corazón da humanidade.


Desde que o home adquiriu os seus primeiros coñecementos, reflectiu as súas ideas, crenzas, sentimentos e vivencias en millóns de textos. Moitos deles perdéronse, outros caeron no esquecemento, outros moitos foron censurados total ou parcialmente (Camilo José Cela foi censor durante o franquismo) e unha grande cantidade arderon nas chamas das ditaduras, intolerancia de tiranos, inquisidores, fascismo, nazismo e aqueles que promulgan o pensamento único. Deste xeito extraviáronse para sempre coñecementos fundamentais da nosa Historia, así como descubrimentos que poderían cambiar o destino da Humanidade...

Así que, máis ou menos, todo elemento que ostente o poder, xa se trate de ditaduras, ou outros elementos próximos a el (organizacións morais, poderes fácticos, axentes económicos…) trataron de controlar e limitar a circulación da información e o desenvolvemento de novas ideas non correspondentes aos seus desexos o pareceres.

O poder das letras non se pode desprezar, sobre todo porque nelas poden ir coñecementos cunha forza que se descoñece.

EXEMPLOS DALGÚNS LIBROS PROHIBIDOS MOI COÑECIDOS:

Las Aventuras de Tom Sawyer” de Mark Twain, que estivo prohibido nalgúns estados de Estados Unidos por ser considerado racista y xenófobo.

“Alicia en el País de las Maravillas” de Lewis Carroll, que foi censurado en China por colocar no mesmo estrato social aos homes e a os animais.

“Harry Potter” de J. K. Rowling, desaconséllase a súa lectura, por numerosas comunidades relixiosas do mundo enteiro, por consideralo diabólico.

“Versos Satánicos” de Shalman Rushdie, condenado a morte porque algunhas comunidades relixiosas islámicas consideraron que la sátira que fai sobre los tabús do Islam, son blasfemos.

“1984” de George Orwell. Foi perseguido porque as autoridades consideraron no seu día que era pro comunista e que as alusións ao sexo, era demasiado explícitas.

En 1559, la Igrexa Católica estableceu ol Index Librorum Prohibitorum et Expurgatorum, o Índice de Libros Prohibidos, co que pretendía preservar a fe dos analfabetos campesiños das perniciosas e aperturistas ideas que viñan de fóra. Entre as obras que prohibía ler atópase a obra completa de René Descartes, la de Erasmo de Rotterdam, Émile Zola u Honoré Balzac entre outros.

Actualmente el Opus Dei conta cun listado no que se valoran do 1 ao 6 a peligrosidade dalgúns libros; os marcados polo 1 son aqueles volumes que pden ser leídos por todos e polo 6, os que necesitan permiso especial para poder facelo. Para facerse unha idea, “El Nombre de la Rosa” de Umberto Eco, está cualificado con un 5, é dicir, prohibido.

No hay comentarios: