miércoles, 20 de octubre de 2010

25 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



O Día Internacional da Biblioteca Escolar. Foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org).
Este acontecemento vense conmemorando dende 1999 e o seu obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación de nenos e nenas. Todos os estudos sobre rendimento escolar e o desenrolo educativo mostran que o progreso e o éxito escolar están ligados á existencia de bibliotecas con bos fondos e programas educativos axeitados.

MÁIS INFORMACIÓN EN:http://centros1.pntic.mec.es/cp.miralvalle/paginas/biblioteca/actividades/dia_interna.htm

No hay comentarios: