jueves, 2 de mayo de 2013

MULLERES DO SÉCULO XIX. CONCURSO SOBRE MULLERES CIÉNTÍFICAS.

 

Biblioeba e o Departamento de Matemáticas convocan un concurso sobre 

MULLERES CIENTÍFICAS DO SÉCULO XIX.


Cada día , ata o 12 de maio, formularase aquí unha pregunta á que se lle atopará resposta consultando tanto nos carteis situados na planta baixa do I.E.S. como na páxina web do centro, no Departamento de Matemáticas.
As respostas entregaránse cada día oa profesor de Matemáticas nunha plantilla que facilitará o mesmo profesor.
Entre os acertantes das doce preguntas sortearanse regalos “científico-matemáticos”.


PREGUNTAS
  1. En que Universidade estudou  e se graduou Charlotte Scott e se lle prohibíu asistir á súa ceremonia de graduación?     
  2. Esta muller sorrinte, matemática, xudea e que vivíu na época de Hitler  é ...............Sería profesora en Götingen.A esta universidade trasladárase anteriormente  Grace Chilsom Young para colaborar con Klein no estudio da Teoría de grupos.
  3.  Di a lenda que Weierstrass regalou a ...............o teorema de Cauchy- Kovalevskaya: é o prezo que tivo que pagar esta fermosa e matemática muller. Sen embargo, ese profesor foi o seu máis fervente defensor ao comprobar a súa grande capacidade para resolver problemas de forma orixinal e fermosa. Esta muller tivo que casar para poder saír de Rusia e estudar en Berlín.
  4. O ensino da xeometría de forma manipulativa débese en gran parte a .... ............., quen nos seus Libros a Bimbo, defende o ensino da xeometría espacial aos alumnos na escola primaria de xeito manipulativo e centrándose no estudo dos cinco sólidos platónicos, que son:...............................................................
  5. A publicación Xeometría Cartesiana: Análise de Conicas é de ............
  6. Foi invitada por Klein y Hilbert para colaborar con Einstein  na súa teoría sobre a relatividade, traballou sen soldo durante catro anos na Univerdidade. Trátase de .............
  7. Unha matemática rusa, doctorada en Berlín e profesora sen soldo en Estocolmo é ..................................................... Os seus alumnos facían unha colecta para pagarlle as clases; por fin, en 1889, conseguíu un soldo de pleno dereito na facultade.
  8. A primeira facultade de Estados Unidos que ofreceu estudos gratuítos para mulleres tivo como profesora a Charlottr Scott. Onde estaba esta facultade?
  9. A estructura do Anel Commutativo, que adquire un conxunto con dúas operacións internas que cumplen as propiedades asociativa, commutaitiva elemento neutro e elemento simétrico, foi estudada en profundidade por ........................................ e incluso creou unha estructura nova: Aneis Noetherianos.
  10. Naceu en 1815 en Inglaterra. O seu pai chamábaa "a princesa dos paralelogramos". De quen se trata?
  11. Ada Byron foi tutelada por ..............................................quen lle ensinou as matemáticas e a puxo en contacto con Charles Babba, que proxectaba a máquina de cálculo: máquina Analítica.
  12. A primeira muller de Einstein era matemática, foi a súa profesora, e din que era a máis rápida en resolver os problemas matemáticos. Isto contibuíu a que el formulase a súa Teoría da Relatividade, que en ocasións denominaba "a nosa teoría". Trátase de ..................... Sen embargo, o Premio Nobel llo deron polas súas explicacións sobre o efecto fotoeléctrico.




No hay comentarios: