martes, 22 de octubre de 2013

I CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOEBA

A Biblioteca María Wonenburger  do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

CONVOCA O:

I CONCURSO DE RELATO CURTO

BASES

  • Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor no curso 2013/2014. Cada concursante poderá presentar ata dous relatos.
  • O tema será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas impartidas no IES.
  • A extensión máxima do relato será aproximadamente de 400 palabras.
  • Os traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no enderezo biblioeba@gmail.com (indicando no asunto “concurso de relatos”) ou, en papel, na propia biblioteca.
  • A data límite de entrega será o 10 de marzo de 2014.
    Haberá dúas modalidades con tres premios para cada unha:
      1º e 2º ESO
      3º e 4º ESO
  • O xurado estará formado polo Equipo da Biblioteca.
  • Premios:
    1º clasificado: diploma, memoria USB e lote de libros.
    2º clasificado: diploma e lote de libros.
    3º clasificado: diploma e lote de libros.
  • Coincidindo co Día do Libro (23 de abril) seleccionarase entre todos os relatos premiados un gañador absoluto do I Concurso de Relato Curto Biblioeba, que recibirá un premio especial.

No hay comentarios: