miércoles, 21 de mayo de 2014

PRIMERIO PREMIO E MENCIÓN DO XURADO NO CONCURSO "PALABRAS SEN PAPEL"

Hoxe, 21 de maio, entregáronse no Centro Cultural Ágora, da Coruña, os premios do concurso de vídeo-poesía "Palabras sen papel".
O primer premio foi para o traballo das nosas alumnas María Geremías, Carolina Galán e Celia Acción.
Ademáis, recibiu unha mención especial do xurado o vídeo poema de Neves Eiriz e Sofía Sabio.

Parabéns ás premiadas e a todos os participantes pola moita calidade e beleza dos traballos.

PRIMEIRO PREMIO:



MENCIÓN DO XURADO:


lunes, 12 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU HOMENAXEAR O 17 DE MAIO DE 2014 AO POETA

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1990) é autor de NIMBOS(1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o célebre poema "Penélope" xustamente célebre pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.
VÍDEO DOCUMENTAL NO QUE PARTICIPA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO LEMBRANDO A SÚA VIDA E RECITANDO ALGÚNS DOS SEUS POEMAS.

Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz.(Secretaría Xeral de Política Lingüística)




                                                                                                         

viernes, 9 de mayo de 2014

12 DE MAIO DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

No ano 2000, Ano Mundial das Matemáticas, a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) instituíu  o día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas. Esta data elixíuse en honor a Pedro Puig Adam, nado o12 de maio de 1900 e internacionalmente recoñecido no campo da ensinanza das Matemáticas.

Neste ano 2014 a nosa biblioteca quere dedicarlle este día a insigne matemática MARÍA WONENBURGER PLANELLS, nada no Concello de Oleiros en 1927.
O Concello de A Coruña comprendendo a importancia desta egrexia matemática dedicoulle un monolito
(2011)  no PASEO DAS CIENCIAS, creado para homenaxear a aquelas figuras científicas máis sobranceiras de galicia e que se ubica a carón da casa das Ciencias, monte de santa Margarita. 
Asimesmo o concello de Oleiros inaugurou un parque en Montrove (2012),  co nome de MARÍA WONENBURGER, lugar no que naceu.
Vídeo paseo das ciencias:





O 10 DE MAIO CELEBROUSE NA CORUÑA, NA CONTORNA DA CASA DAS CIENCIAS, O DÍA DA CIENCIA NA RÚA.
NO SEGUINTE VÍDEO PÓDENSE OBSERVAR DISTINTOS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DOS  CENTROS DE ENSINO PARTICIPANTES.