miércoles, 16 de diciembre de 2015

UN NADAL CHEO DE LIBROS



Temos na Biblioteca unha morea de libros para o tempo de Nadal.


Pincha sobre a imaxe para acceder ás suxestións


BIBLIOEBA MARÍA WONENBURGER DESÉXAVOS
FELICES FESTAS E 
BOA LECTURA !

martes, 1 de diciembre de 2015

XOSÉ NEIRA VILAS (1949-2015)

O pasado venres, 27 de decembro, morreu XOSÉ NEIRA VILAS, o autor de Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido a outros idiomas.



"Eu son ... Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é manolito, e non hai quen lle tusa, apesares do que lle aconteceu por causa miña.
No verán ando descalzo. O pó dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás duas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos".

 Xosé NEIRA VILAS, Memorias dun neno labrego, Edicións Do Castro, 2001