viernes, 22 de enero de 2016

MATMONÓLOGOS 2016

 A biblioteca María Wonenburger convoca

CONCURSO DE MATMONÓLOGOS  2016
  • Os participantes presentarán un guión inédito cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá.
  • O tema deberá estar relacionado coas matemáticas.
  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 2º ESO.
  • O formato será preferentemente dixital: documento de texto no que se fará constar o título e autor. Enviárase ao seguinte enderezo de correo electrónico: biblioeba@gmail.com, indicando no asunto “Concurso Matmonólogos ”. Tamén se aceptarán traballos en papel, que deberán ser entragados na biblioteca.
  • O prazo de entrega remata o 29 de febreiro de 2016
  • Premiaranse os dous mellores matmonólogos.
  • Os traballos presentados a este concurso  poderán participar no Concurso de Matmonólogos convocado por AGAPEMA e Educabarrié

ESOPÍAS 2016


A biblioteca María Wonenburger convoca o concurso
ESOPÍAS PARA A PAZ

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • O contido da esopía terá que ter relación co tema da paz.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2016”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
  • O prazo de entrega remata o 15 de febreiro de 2015.
  • A esopías participantes poderán presentarse ao Concurso de Esopías convocado por AGAPEMA e Educabarrié
APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
LEMBRADE QUE NESTA EDICIÓN AS ESOPÍAS TEÑEN QUE TER RELACIÓN CO TEMA DA PAZ.