martes, 28 de noviembre de 2017

Culleredo en negro contra a violencia



 O IES EBA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesblancoamorculleredo/node/3298

http://www.culleredo.es/es/node/6213
 PREME NAS IMAXES

martes, 14 de noviembre de 2017

Premios Samaín



Entregados os premios do Concurso de cabazas decoradas.




Premio á máis elaborada: Fátima García-4ºESO-D (á esquerda)
Premio á máis terrorífica: Gema García-1ºESO-D (á dereita)

Premio á máis orixinal: Marta Estraviz-3ºESO-C

martes, 24 de octubre de 2017

Preparando o Samaín. CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS

A biblioteca do IES Eduardo Blanco Amor organiza un Concurso de cabazas decoradas.

Trae a túa cabaza decorada á biblioteca e poderás gañar un premio de infarto.
Deixa a túa cabaza no primerio recreo do luns 30 de outubro na biblioteca.



BASES
A BIBLIOTECA 
COA COLABORACIÓN DA ANPA ORGANIZA

CONCURSO DE CABAZAS

1º OBXECTIVOS
No noso ánimo está potenciar, animar e dinamizar este espazo de coñecemento que conforma a Biblioteca traballando este tema pertencente a nosa cultura popular que é o samaín, especialmente a parte correspondente á creatividade, imaxinación e o emprego de técnicas adecuadas á consecución da obra artística.
Queremos amosar as capacidades artísticas dos nosos alumnos e fomentar o traballo de información e documentación propios dunha biblioteca entendida como espazo cultural.

2º PARTICIPANTES
Poden concorrer a este concurso todas as personas matriculadas no IES que o desexen, sen outra limitación que a aceptación das bases. Haberá unha única categoría.

3º INSCRIPCIÓN, REQUISITOS, RECEPCIÓN E IDENTIFICACIÓN
Non haberá inscripción previa, os alumnos presentarán a súa cabaza na Biblioteca antes do primeiro recreo do día 30 de octubro para preparar a exposición. Irá identificada na parte inferior por medio dun papel pegado onde conste o nome completo e o curso do autor. Na recepción asignaráselle un código de identificación para facilitar o anonimato no proceso de votación.
Cada alumno pode presentar unha única cabaza debidamente tallada e decorada con motivos terroríficos. A técnica, os materiais e o tamaño son libres, lóxicamente deberán estar relacionados con este tema.

4º EXPOSICIÓN
As cabazas participantes estarán expostas durante os días 30 e 31 de outono na Biblioteca. A exposición estará aberta durante todo o horario escolar, pode ser visitada por calquera membro do colectivo escolar (alumnos, profesores, pais, personal non docente).
A exposición desmantélase á deradeira hora do día 31, as obras pódense recoller durante ese período de tempo.

5º PREMIOS
Entregaranse tres premios (cheques regalo) aos traballos mais votados.
Terase en conta a orixinalidade, a dificultade, a simpatía e a laboriosidade das obras na súa valoración.

6º XURADO
Estará composto por membros da ANPA, profesorado, persoal non docente e alumnos do Centro.
Emitirá o seu fallo, inapelable, o día 2 de novembro, posteriormente entregaranse os premios na propia Biblioteca en horario a definir.

7º PUBLICACIÓN
Os autores das obras aceptan a divulación das mesmas por calquera medio.

8º ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación dos traballos a este concurso supón o recoñecemento e a conformidade das presentes bases. Sobre posibles extremos non previstos das mesmas os organizadores poderán tomar as decisións que estimen oportunas.

Comisión da Biblioteca
IES Eduardo Blanco Amor
Outubro de 2017

miércoles, 20 de septiembre de 2017

Benvidos ao novo curso

Aquí estamos de novo, con moita ilusión, dispostos a empezar un novo curso.
A Biblioteca estará xa aberta nos recreos, aínda que o servizo de préstamo non comeza ata o luns 25 de setembro.




viernes, 17 de marzo de 2017

CONCURSO DE MICRORRELATOS

CONCURSO DE RELATO CURTO BIBLIOEBA

CURSO 2016/2017


A Biblioteca María Wonenburger do
IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo convoca

Concurso de Relato Curto


BASES

  • Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Eduardo Blanco Amor  no curso 2016/2017.

  • O tema será libre e poderá estar escrito en calquera das linguas impartidas no IES.

  • A extensión máxima do relato será de 250 palabras.

  • Os traballos, nos que deben figurar o nome do autor e o curso e grupo ao que pertence, poderán ser presentados por correo electrónico no enderezo biblioeba@gmail.com (indicando no asunto “Concurso de relatos”) ou, en papel,  na propia biblioteca.

  • A data límite de entrega será o 23 de abril de 2017 (Día do Libro).

  • Haberá tres premios:
    • 1º e 2º ESO
    • 3º e 4º ESO
    • 1º Bacharelato

  • O xurado estará formado por membros do Equipo da Biblioteca.

CONCURSO DE MONÓLOGOS E MATMONÓLOGOS

CONCURSO DE MONÓLOGOS (E MATMONÓLOGOS)  2017
IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

  • Os participantes presentarán un guión inédito cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá.
  • O tema é libre (excepto  nos matmonólogos, que deberán estar relacionados coas matemáticas).
  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 2º ESO.
  • O formato será preferentemente dixital: documento de texto no que se fará constar o título e autor. Enviárase ao seguinte enderezo de correo electrónico: biblioeba@gmail.com, indicando no asunto “Concurso Monólogos ”. Tamén se aceptarán traballos en papel, que deberán ser entragados na biblioteca.

  • O prazo de entrega remata o 20 de abril de 2017.
  • Premiarase o mellor monólogo.
  • Haberá un premio especial para os Matmonólogos (monólogos de tema matemático).

CONCURSO DE ESOPÍAS 2017

CONCURSO DE ESOPÍAS 2017
IES EDUARDO BLANCO AMOR (CULLEREDO)

ESOPÍAS
Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

  • Poderán presentarse os alumnos matriculados en 1º ESO.
  • Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán , francés, galego ou inglés segundo a guía que proporcionará o profesor.
  • A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
  • Os traballos serán enviados ao blog da Biblioteca como comentario á entrada “Esopías 2017”.
  • Premiarase a mellor esopía de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.
  • O prazo de entrega remata o 20 de abril de 2017.

APARTADO ESPECIAL: ESOPÍAS ILUSTRADAS

  • As esopías poderán ser presentadas cunha ilustración alusiva ao texto.
  • Premiarase a mellor esopía ilustrada de cada grupo e haberá un recoñecemento especial para a mellor de todas elas.

viernes, 10 de marzo de 2017

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Ás 12 do mediodía, escoitamos, pola megafonía do Instituto, a Helena  contándonos a historia desta data de homenaxe e reivindicación:


¿Por qué se celebra el Día de la Mujer el 8 de marzo?
El 8 de marzo de 1857, un grupo de obreras textiles tomó la decisión de salir a las calles de Nueva York a protestar por las míseras condiciones en las que trabajaban.
El 5 de marzo de 1908, Nueva York fue escenario de nuevo de una huelga polémica para aquellos tiempos. Un grupo de mujeres reclamaba la igualdad salarial, la disminución de la jornada laboral a 10 horas y un tiempo para poder dar de mamar a sus hijos. Durante esa huelga, perecieron más de un centenar de mujeres quemadas en una fábrica, en un incendio que se atribuyó al dueño de la fábrica.
En 1910, durante la Segunda Conferencia Internacional de Mujeres Trabajadoras, más de 100 mujeres aprobaron declarar el 8 de marzo como Día Internacional de la Mujer Trabajadora.
Actualmente, se celebra como  Día Internacional de la Mujer.

A continuación, Lucía e Simón recitaron fragmentos de dous poemas. O primeiro,  de Juana Castro, fala sobre mulleres asasinadas pola violencia machista; o segundo, de Agustín García Calvo, sobre o amor e a liberdade.
 


Amor mío (fragmento del poema de Juana Castro)
Antonia buena chica ingresó ya cadáver.
Carmen muy educada vaqueros blusa beis
y Raquel silenciosa es el amor.

Amor de amoratarse amor que es amoldar
y amancillar.
Amor de amenazar amor de amurallar
amor de amartillar
y de amasijo.

Amor de amortajar.
Rosa Lola María
Inés Luisa mi amor.

Es el amor que amengua que amuralla
que amortece y amarra.
Amor de amuñecar amor que es amputar
amor de amilanar
y de ambulancia.


Amor de amordazar.


Libre te quiero
(fragmento del poema de  García Calvo)

Libre te quiero,
como arroyo que brinca
de peña en peña.
Pero no mía.

Grande te quiero,
como monte preñado
de primavera.
Pero no mía.

Buena te quiero,
como pan que no sabe
su masa buena.
Pero no mía.

Pero no mía.
Pero no mía
ni de Dios ni de nadie
ni tuya siquiera.